Proyecto cofinanciacion 2016-2017 (El Salvador)

“Mellora das capacidades educativas, organizativas e emprendedoras de 24 comunidades rurais dos municipios de Chirilagua e Jucuapa. El Salvador”.

 

O obxectivo global do proxecto que se presenta é contribuír ao fortalecemento dos procesos educativos, organizativos e produtivos, nos Departamentos de San Miguel e Usulután. Para conseguir isto, a intervención ten varios compoñentes para executar:

Alfabetización: contempla procesos de alfabetización para que persoas novas, homes e mulleres maiores de 15 anos, aprendan a ler e a escribir. Como parte do proceso, o proxecto buscará manter a estas persoas ao longo de todo o ciclo, especialmente as persoas de avanzada idade.

Formación e capacitación en Xénero, Masculinidade e Dereitos Humanos: dirixida a formar e sensibilizar a mulleres e homes sobre o enfoque de dereitos, con énfases na equidade de xénero e a participación inclusiva das mulleres. Desta maneira, búscase fortalecer a organización comunitaria, conseguindo a participación das mulleres en postos claves das Asociacións de Desenvolvemento Comunitario (ADESCOS) e/ou da vida política do municipio.

Obradoiros ou Cursos Vocacionais: consistirá no desenvolvemento de cursos básicos de formación nas seguintes especialidades: Panadería, Cosmetología, Corte e confección e Turismo (Modalidade Bar tender). Estes cursos pretenden formar a través da capacitación técnica vocacional a mozas, mulleres e homes para que se convertan en persoas emprendedoras e así poidan xerar ingresos económicos para a súa familia, mellorando desta maneira as súas condicións de vida.

Para iso, darase formación e capacitación en Emprendedurismo: desenvolvemento dun programa formativo no tema, a fin de promover nas mulleres e homes as capacidades produtivas e económicas, que permitan garantirlles ao final do proxecto o acceso a capital semente e poder emprender un negocio.

A estratexia de intervención do proxecto baséase na acción participativa conxunta do colectivo beneficiario e a mobilización de diferentes actores involucrados, como base para o desenvolvemento de todas as actividades propostas.

A intervención asume como poboación beneficiaria directa a 1.220 persoas: 926 mulleres e 294 homes. Considérase un prazo de 23 meses para a implementación da acción.

 

Arxius adjunts

Perquè Mans Unides pugui dur a terme projectes com aquest.

Dóna

També et pot interessar

Subscriu-te a la newsletter

Informar-se és el primer pas per actuar.

Subscriu-te