Convocada manifestación para este sábado, 23 de abril, en Compostela

O día 20 de abril presentouse en rolda de prensa a Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas da cal a Coordinadora Galega de ONGD e moitas ONGD integradas, forman parte.

A Rede, formada por máis de 45 colectivos, asociacións, ONGD, sindicatos, partidos políticos e persoas individuais, ten por obxectivo mobilizar á cidadanía galega na defensa dos dereitos das persoas refuxiadas, informar sobre a súa realidade, denunciar a política migratoria da UE e incidir politicamente nas administracións. A Rede está aberta e calquera colectivo ou organización que estea interesada en formar parte.

Este sábado, 23 de abril, hai convocada unha manifestación en Compostela  baixo o lema RACHEMOS COAS FRONTEIRAS. NON ÁS GUERRAS, que sairá ás 13 horas dende a Praza Roxa.

Subscriu-te a la newsletter

Informar-se és el primer pas per actuar.

Subscriu-te